Estes días estase a proxectar na nosa cidade a primeira película galega, e en galego, premiada no Festival Internacional de Cinema de Cannes.
O filme que xa ten unha grande importancia por ser, tamén, o primeiro filme en galego proxectado oficialmente no festival, titúlase “O que arde” e está dirixido polo autor galego, nacido en París, Óliver Laxe. Estreouse na sección oficial do festival chamada Un Certain Regard (Unha certa mirada) o 21 de maio de 2019 e conseguiu o premio do xurado.
Que dúbida hai que é unha oportunidade única de podermos contemplar o que para varios críticos é unha obra mestra. Convén, polo tanto, irmos preparados para unha experiencia das que hai poucas na nosa cidade.
Aquí pódese ve-lo trailer oficial da película
Para saberes máis, premendo na seguinte ligazón podes acceder á folla de sala con información sobre o director e a película.
Deixa unha resposta