O noso centro vén de recibir este pasado luns, 4 de febreiro na sé do Ministerio de Educación e Formación Profesional, de man da ministra, Isabel Celáa, a Placa de Honra da Orde Civil Afonso X o Sabio. En total fomos 6 centros os homenaxeados, dos cales 2 eramos galegos e, no noso caso, débese á recente conmemoración do 175 aniversario da creación do centro e á aportación durante este tempo á vida cultural e educativa de Lugo e da provincia.
Pódese ampliar a información premendo nas seguintes ligazóns:
- Xornal “El Progreso”
- Xornal “La Voz de Galicia”
- Páxina da Xunta.
- Páxina do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Please follow and like us:
Deixa unha resposta