VIAXE A LONDRES
Alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO que cursan Seccións Bilingües de Música e de Tecnoloxía
Pulse aquí para ver fotos da viaxe
Pulse aquí para ver vídeo
Alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO do IES Lucus Augusti, que cursan Seccións Bilingües de Música e de Tecnoloxía, realizaron a finais de marzo unha viaxe de estudos a Londres, onde tiveron a oportunidade de coñecer lugares emblemáticos da capital británica, como o Parlamento, Buckingham Palace, Piccadilly Circus, Trafalgar Square, Covent Garden ou Hyde Park. Tamén visitaron o Museo Británico, o Museo de Ciencia e Tecnoloxía, o Museo de Ciencias Naturais e a National Gallery. Na igrexa anglicana de St. Martin in the Fields asistiron a un concerto en conmemoración do Día Mundial da Auga, interpretado polo prestixioso coro de St. Martin’s Voices.
Deixa unha resposta