Atlas ilustrado de la Primera guerra mundial
A Primeira guerra mundial, o primeiro acontecemento histórico documentado pola fotografía, supuxo o comezo dun século tráxico que deixou tras de si unha terrible estela de morte e devastación.
Con máis de 400 imaxes e 70 fichas temáticas, os autores desta completa guía pretenden dar unha visión global do conflito que vestiu de loito a Europa do século XX.
Atlas ilustrado de la Segunda guerra mundial
Máis de 700 imaxes procedentes dos arquivos de Magnum-Contraste, Roger Viollet e Giunti.
Realizadas por mestres da fotografía como Robert Capa ou Henri Cartier-Bresson ilustran este magnífico percorrido pola máis devastadora guerra “total” que involucrou a centos de millóns de persoas en todos os recunchos do mundo.
Atlas ilustrado de la II República española.
Unha excelente e completa guía para comprender o período político da II República, desde a súa orixe o 14 de abril de 1931 ata o final da Guerra Civil Española.
Atlas ilustrado de la guerra en la antigüedad. Roma
É difícil entender como a cidade de Roma pasou de ser unha vila sinxela para gobernar a maior parte do mundo coñecido, creando un imperio de dimensións continentais. A clave do seu éxito foi a súa perseveranza, capaz de superar os desastres militares que a levaron á marxe da desaparición. Este impresionante volume permite ao lector entrar neste interesante período da Historia de Roma a través dunha gran exposición fotográfica, ilustracións e mapas.
Deixa unha resposta