Temos unha interesante exposición de moedas no vestíbulo. É importante, porque é das poucas ocasións en que, fóra dun museo, pódese ver así tan de preto, un feixe de moedas romanas, e incluso prerromanas, é dicir de época castrexa, na que nos existían moedas como tales senón unha especie de abalorios que facían tal función. Resulta unha exposición moi acaída, agora que faltan poucos días para o “Arde Lucus“.
Non queremos deixar de mencionar que foi unha iniciativa dun ex-alumno do centro, e que tamén ten a súa filla estudando aquí. Dende aquí agradecemos que nola ofrecera porque, sen dúbida, é unha mostra da colaboración, que sempre debe existir, co centro por parte de ex-alumnos ou/e de pais.
Ademais, tamén tivo eco fóra do noso centro como se pode ver no seguinte artigo de El Progreso, do que collemos a fotografía anterior. Pódelo ver, premendo aquí.
Deixa unha resposta