Navegando pola rede chéganos noticia de que un rapaz, Alberto Suárez, alumnos de 1º de BAC do IES “David Buján” de Cambre vén de realizar unha app, compatible cos móbiles Android, sobre a figura de Manuel María, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016, e que, ademais, pódese descargar de balde da tenda de Google Play, premendo na imaxe.
Ten un mérito enorme no que supón a aplicación da tecnoloxía para espallar a figura do poeta chairego e darlle pulo a esta lingua nosa, que tan necesitada está. E que todo isto sexa quen de crealo un mozo para un traballo do instituto é para mandar dende aquí os máis grandes parabéns polo realizado e os ánimos, tamén máis grandes posibles, para que siga realizando novos proxectos.
Se queres saberes máis, podes ter toda a información, podes ver esta nova na páxina de “La Voz de Galicia“.
Deixa unha resposta