Semella que algo pasa no instituto. O curso pasado dúas rapazas facíannos partícipes dos seus relatos. Este curso, comezámolo coa incorporación dun rapaz e, de novo, hoxe, presentamos tres rapazas máis que son vítimas do virus do gusto polas narracións.
Tedes, no apartado de COLABORACIÓNS, o traballo das tres novas autoras, o cal esperamos que teñan continuidade. Son: Claudia Rico Echegaray, que nos ha contar as “Memorias de un gato“, Irene Maseda Neira, que irá escribindo “Pesadilla o realidad“e Nuria Gómez Muiña, qu principia o su relato titulado “Munchausen”.
Ánimo, e que sexa pracenteiro e gorentoso.
Deixa unha resposta