Xa está aquí recén saída do forno, a nosa guía de lecturas deste nadal. Coma sempre, procurarmos que fose variada e, así, aparecen dende títulos de aventuras como “Fernando, el temerario” até as “Novas aventuras de Dick Turpin“. Hai clásicos coma “O libro da selva” ou títulos recentes coma “Ciudades de papel“. Tamén aparecen lecturas para adultos como a biografía de “Steve Jobs” ou o último libro de José Antonio Marina “Despertad al diplodocus“, que formula unha visión do futuro educativo.
Todos os títulos xa están ao voso dispor na biblioteca e esperamos que esta escolla vos resulte interesante. Para descargar a guía, preme na imaxe.
Deixa unha resposta