Tódolos anos o IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela convoca o premio literario “Arcebispo Juan de San Clemente” que xa vai pola vixésimo primeira edición no que se escollen varias obras nas modalidades de Lingua Galega, Lingua Castelá e Lingua Estranxeira. Este premio ten a particularidade de que o xurado non son eruditos sesudísimos, nin tan sequera profesores, senón alumnos e alumnas do propio centro.
A maiores, esta edición tamén ten unha segunda particularidade que é que quixeron facer unha homenaxe aos participantes doutros anos, tanto autores premiados como membros dos xurados anteriores. Por iso, nesta edición contan coa colaboración de 4 centros do resto da Galiza, un por provincia entre os que está o noso IES. Compoñén o xurado desta edición, por tanto, o alumnado dos seguintes centros, a parte dos do propio IES convocante: o instituto Xelmírez I de Santiago, o Lucus Augusti de Lugo, o Pintor Colmeiro de Silleda e o Ferro Couselo de Ourense.
Unha vez rematada o proceso da Selectividade, pois os participantes é o alumnado de 2º de BAC, é cando se falla. E, nesta ocasión, os gañadores foron os seguintes nas 3 categorías.
Na categoría de Lingua Galega, A memoria da choiva, de Pedro Feijóo, que se impuxo a “A lúa da colleita” de Anxos Sumai, e a “Somnámbulos” de Suso de Toro,
Na categoría de Lingua Castelá, triunfou “El impostor” de Javier Cercas, sobre “El balcón en invierno” de Luis Landero e “Así empieza lo malo” de Javier Marías.
E na categoría de Lingua estranxeira, impúxose “El testamento de María” do irlandés Colm Tóibín que tivo máis puntos que “Expo 58” de Jonathan Coe e “Barba Azul“, de Amèlie Nothomb.
Deixa unha resposta