SOFÍA SANTOS ULLOA, do IES Lucus Augusti, colaboradora habitual deste blog, ficou campiona galega da 55 edición do “Concurso Coca-Cola Jóvenes Talentos de Relato Corto” logo de quedar campiona da zona de Lugo. En Galicia participaron un total de 760 concursantes, mentres que en España o número de participantes sumou un total de 12 400.
O vendeiro día 25 de xuño, como campiona galega, viaxará a Madrid para participar na fase estatal na sede da Real Academia Española e enfrontarse aos gañadores das restantes autonomías. Posteriormente permanecerá en Madrid, invitada por Coca-Cola, para participar durante dez días do “Campus Jóvenes Talentos“.
- LA VOZ DE GALICIA 30-05-2015
- LA VOZ DE GALICIA 31-05-2015
- EL PROGRESO 30-05-2015
- LA VOZ DE GALICIA 2-06-2015
Tamén podes ver galería de fotos na web do Instituto.
Deixa unha resposta