Durante estes días está presente no vestíbulo do noso centro unha exposición de revistas escolares. Estas revistas, unhas 40, foron editadas en institutos históricos entre 1910 e 1960 e permanecían nos fondos do Arquivo do Instituto. Daquela, eran confeccionadas polos propios alumnos e tamén polo profesorado de centros como o Instituto San Isidro de Madrid, o Pérez Galdós de As Palmas de Gran Canaria, ou o Cardenal Mendoza de Burgos, entre outros.
Coma hoxe, os artigos facían mención dos actos máis importantes levados a cabo no centro. Dende as excursións dos alumnos até as visitas recibidas (por exemplo, a visita de Franco, a un destes institutos) pero tamén había traballos e artigos sobre as diferentes materias. Como comentaba o noso Catedrático de Historia, Antonio Prado, era común que houbera relacións entre os institutos e se mandaran as revistas uns a outros como elemento de cortesía e para manter a relación.
De seguido, presentamos unha pequena mostra de fotografías da exposición. No cartel que anuncia a exposición tamén se pode ver algún exemplar antigo da revista do noso Centro.
Deixa unha resposta