Nos pasados días, celebrouse conxuntamente entre os Departamento de Alemán do IES “Nosa Señora dos Ollos Grandes” e o noso, o IES “Lucus Augusti”, un acto no que se conmemoraba o 25 aniversario do derrubamento do Muro de Berlín.
Para a ocasión, os alumnos de alemán de ámbolos dous institutos crearon, con caixas de carton decoradas con debuxos alusivos ao feito, un “muro virtual” que foi tamén derrubado simbolicamente.
A xornada de actividades, que foran recollidas polas cámaras da Televisión de Galicia, completárase coa lectura dun manifesto e co visionado no Salón de Actos do noso Centro dunha presentación na que se aludía ao “muro” que no pasado separaba o patio dos dous institutos e que mantiña aos rapaces separados das rapazas (de aí a denominación coloquial dos dous institutos como “masculino” e “feminino”). Aínda que semella algo antigo e xa pasado, non hai que esquecer que, na actualidade, existen colexios privados que manteñen esta separqación de xénero.
- O valo de separación. Polo vehículo que aparece, mesmo aparenta ser a verxa de Melilla.
- En primeiro plano o patio do “Feminino”. Ao fondo o “Masculino”
Finalmente, presentamos unha montaxe feita con imaxes da ocasión xunto con outras imaxes de orixe televisiva do derrubamento do muro orixinal.
Deixa unha resposta