pereiroO vindeiro maio, no Día das Letras Galegas conmemórase a obra de Lois Pereiro. É un autor “raro” neste tipo de conmemoracións porque non remeda a figura do gran autor literario senón a sombra do “maldito”, figura literaria e vital que en todas as literaturas amosa un certo interese. Tamén é chamado “moderno” e, mesmo, poeta “punki”. Sen dúbida, non é un autor como o dos anos anteriores. Morreu moi novo despois de levar unha vida rápida e intensa, razón pola cal a súa obra é bastante escasa.

Os de Algueirada, que tamén manteñen a plataforma de Blogaliza, onde estamos nós, veñen de crear un blogue adicado á súa figura onde pretenden centralizar toda a información que se vaia producino durante este ano: lecturas, obras, xornadas, conferencias, exposicións….  sobre a súa figura. O enderezo é o seguinte: http://loispereiro.blogaliza.org.

Se queres coñecer máis sobre a figura de Lois  Pereiro, velaí tes unha boa fonte de iniciación. De cando en vez, nós tamén iremos lembrando algunha noticia relevante.

Please follow and like us: