Ferve a rede en recursos e materiais que glosan a figura de Nelson Mandela. Nós, dende aquí queremos aportar o noso gran de area, cun vídeo que recolle algunhas das súas frases máis célebres (foi creado a partir dunha idea do cartel da Biblioteca Salgado Torres).
De seguido, unha escolma dos moi bos recursos realizados polos Equipos de diferentes Bibliotecas escolares do país.
- Unha impactante presentación en ISSU do CEIP de A Mahía, en Ames, con aspectos biográficos e frases de Mandela.
- Un documental do Canal de Historia titulado “Un viaje a la libertad” (a través do IES Leixa d’O Ferrol).
Agora, abrimos outro apartado de recursos xerais, na rede. Se vistes a película de “Invictus” (que está a piques de chegar aos nosos fondos), nela se fai referencia a un poema que aprendeu Mandela no cárcere e que é o que dá título á película: “Invictus” de William Ernest Henley (un importante poeta inglés de mediados do XIX). Aquí tedes o poema. Premendo nel, poderás velo máis grande co texto orixinal en inglés (vía: alocstudios.com), que resulta moi sensible e poético. Por outra banda, premendo no título anterior do poema, accederás a un video no que un recoñecido actor británico -Alan Bates- declama o poema (tranquilos, vai subtitulado en español).
Finalmente, unha serie de ligazóns escollidas con artigos actuais variados: dende a relevancia política e social do papel de Mandela, até o impacto que supuxo na música popular.
- Un especial de “El País” sobre a morte de Mandela, con gran cantidade de artigos e imaxes. Especialmente recomendables son os artigos de John Carlin e de Rosa Montero.
- Un artigo onde se reúnen moitas das cancións que se crearon como denuncia do réxime sudafricano e no que, sempre, estaba coma unha sombra a figura de Nelson Mandela.
- Un artigo de Diego A. Manrique en “El País”, no que desvela a intrahistoria dun dos máis célebres himnos antiapartheid: “Free, Nelson Mandela“.
Please follow and like us:
Deixa unha resposta