Para conmemorar a data do “Día Internacional contra a Violencia de Xénero” no Centro, organizado polo Departamento de Orientación e co apoio de profes varios, como Luisa, e da Biblioteca, levouse a cabo unha “performance“, é dicir unha representación simbólica na que aparecían ciscadas polo vestíbulo as típicas frase machistas que, seguro, máis dunha vez temos oído. Como parte da representación, un grupo de alumnos e alumnas arrincaron os murais que contiñas esas frases ferintes, e enarbolaron carteis con frases que sanan e axudan. Finalmente, os globos que caían do piso superior crearon un ambiente festivo. Aquí temos o vídeo que resume o acto.
A “performance”.
Please follow and like us:
Deixa unha resposta