O vindeiro xoves, 14 de novembro, haberá na Librería Biblos, unha charla-coloquio coa escritora de Mondoñedo, Marina Mayoral. A autora que é profesora na Universidade Complutense de Madrid, é unha das autoras máis lidas en lingua galega. O motivo da charla é a presentación do seu novo libro “Amor e sexo aos 13 anos: O anxo de Eva“.
O argumento é o seguinte:
“Unha nena moi lista, un mozo belísimo con ás de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle está aprendendo a bicar con lingua, un irmán ateo, unha avoa que fala co marido morto. Un ático fronte ao mar e longas e cálidas noites dun verán no que a nena comeza a ser muller...”.
Para ampliar a información, tamén pódese botar unha ollada ao seguinte video, onde a autora fala da súa obra e comenta os personaxes que aparecen.
Deixa unha resposta