Estamos a piques de chegarmos á fin do curso polo que chega o momento de ir facendo balance. Moito mudou a nosa Biblioteca e seguimos con novas ideas para pór en marcha no vindeiro curso. Por iso, para ofrecervos un mellor servizo, deseñamos unha sinxela enquisa para que, anonimamente, se queres, nos fagas chegar as túas suxestións e puntúes o realizado ata este momento. Igual có ano pasado, imos empregar o mesmo procemento pois funcionou ben.
Os usuarios son a parte máis importante de todo este proceso que comezou hai pouco tempo; e os usuarios deben colaborar, participar, aprender, suxerir e, mesmo, avaliar. Para poder facer isto último tan só debes premer na imaxe que está aí abaixo e cando saia o cuestionario -tardarás menos de dous minutos- ler os enunciados e picar na puntuación que che pareza mellor. A nós vainos servir para comezar o vindeiro curso, con máis folgos e máis ideas. Ánimo e a participar.
Deixa unha resposta