Con motivo da proximidade do “Arde Lucus“, na Librería Biblos, organizan unhas xornadas os vindeiros días 12 e 13 de Xuño, mércores e xoves desta semana, ás 20,15 horas, nas que, collendo como referencia o libro do fotógrafo lucense Xosé Reigosa, que leva por título A Muralla Cohabitada, durante esas dúas cornadas intervirán diferentes persoeiros vencellados ao mundo cultural e artístico da nosa cidade, todos eles retratados no libro de Reigosa, que fará de moderador da charla-coloquio. Desde diferentes perspectivas e puntos de vista multidisciplinares, presentarán diversas achegas ao significado e a aquilo que representa a Muralla Romana para todos os galegos e, especialmente, para os e as lucenses.
Sen dúbida, unha gran iniciativa da que dende a Biblioteca nos facemos eco e á que invitamos a todos vós.
Deixa unha resposta