O vindeiro sábado, ás 12’15 h, na Libreria Biblos que está preto do noso centro haberá a presentación dun libro realizado por María López Sande, titulado “A forma das nubes” que, editado por Galaxia, conseguiu o último Premio de Narrativa Breve Repsol 2012. Non é a primeira vez que consegue un premio, senón que xa é unha escritora que xa no 2007 conseguira o Premio Ramón Piñeiro de ensaio coa obra “Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio“.
É unha alegría enorme, sobretodo, por tratarse dunha ex-alumna do IES. En breve teremos un exemplar no andel de novidades para quen o poidades ler.
Deixa unha resposta