Xa comentáramos como os alumnos e alumnas de 3º de ESO realizaran unha visita, coordinada entre os Departamentos de Lingua Castelá e a Biblioteca foran, á devandita exposición. Para que non quedara en algo puramente pasivo (“pss está ben”, “si é curiosa”), pensárase en que escolleran unha fotografía calquera (a máis curiosa, ou a máis chamativa) e que realizaran unha pequena composición na que a describisen.
O que presentamos, de seguido, é unha pequena escolma daquelas descricións máis relevantes nas que se pode observar o seu bo facer. Para velas axeitadamente debes premer na imaxe da portada e, nun anaquiño, terás o libro na túa pantalla. Que cunda o exemplo.
Deixa unha resposta