Xa están aparecendo no noso Centro diferentes actividades, organizadas por departamentos e por titorías, para conmemorar o Día no que se quere facer unha chamada á concienciación para desbotar a violencia de xénero da nosa sociedade. Nós tamén queremos deixar o noso gran.
Así, mirando pola arañeira (internet), vimos unha campaña que organiza a Deputación de Sevilla, que nos chamou a atención porque nun cartel se chamaba á complicidade de todos para facer fronte a estes sucesos. A denuncia destas situacións prodúcese sempre cando o fenómeno xa está avanzado, pero no que debemos traballar é nunha maior concienciación para que non se produza. O cariño é unha arma moi poderosa (“all you nead is love“, dicían The Beattles).
Así, a partir dun cartel, creamos esta animación para contribuír á conmemoración.
[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/11/25-novembro-violencia-xenero.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]
[/kml_flashembed]
Deixa unha resposta