Este ano, xa é sabido, o Día das Letras está adicado a Manuel María, poeta de Outeiro de Rei. Nós, para conmemorar o día, levabamos tempo preparando un recitado de poemas del realizado por alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO. Por fin, xa podemos presentar o resultado.

Tamén presentamos un feixe de recursos que se poden empregar na clase ou que se poden ver na rede como complemento. En primeiro lugar, un vídeo realizado polo Equipo da Biblioteca no que se presentan algunhas das súas obras e algúns dos seus versos, que podedes ver de seguido.

A Fundación da Casa Museo Manuel María, ten na súa folla web diversos materiais como son os seguintes (para acceder a eles, hai que premer na palabra):

Tamén o portal da RAG, ten un apartado onde salienta o seu papel como autor e finalmente, un recurso que nos parece moi suxestivo é unha liña do tempo interactiva realizada no IES San Paio, que sen dúbida ha gustarvos.

Finalmente, toda unha morea de recursos, recompliados pola Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística, entre os que destacan o rap realizado por alumnos de Oural, presentacións diversas e unha biografía do autor conmemorado este ano.

EXPOSICIÓN DE MATERIAL BIBLIOGRÁFICO SOBRE MANUEL MARÍA

Estes días pódese visitar no recibidor do centro unha exposición sobre material bibliográfico sobre MANUEL MARÍA organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega, por mediación do profesor D. Manel Matalobos, en colaboración coa Biblioteca.  Proximamente, publicaremos unha reportaxe fotográfica cos fondos expostos máis relevantes.

Manuel Maria 01