Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: Quijote

23 Abril-Día do Libro

Este ano, na data da conmemoración do Día do Libro, presentamos dúas exposicións que se complementan e que podemos ver no vestíbulo. Así temos, realizada polo Departamento de Xeografía e Historia, a exposición de “Profesores-autores do Lucus Augusti” na que podemos ver un feixe de fotografías, unha pequena escolma biográfica e varias obras dalgúns dos persoeiros que foron profesores, historicamente, do Centro. Moitos deles, pola súa antigüidade, serán descoñecidos pero hai outros, que aínda que xa mortos, deixaron unha pegada importante no seu campo de coñecemento como Luciano Penendo, ou Amable Veiga. Porén, todos foron parte da historia do noso centro e relevantes por algún motivo.

Poster-antonioPor outra banda, e xa máis centrada co momento actual, quixemos conmemorar o 400 aniversario da segunda parte de “El Quijote”. Así, amósanse un feixe de láminas da obra de “Suso de Marcos“, escultor galego orixinario de Boimorto e que, actualmente, reside en Málaga, e que amablemente nos permitiu empregar as imaxes da súa obra. Presentámolas a carón dun pequeno texto desta segunda parte do Quijote, que é a a clave para a interpretación da lámina. De momento, deixamos o cartel anunciador e un tríptico sobre as láminas. En breve, igual que coa exposición anterior, teremos un vídeo para facer un pequeno percorrido visual polas dúas exposicións.

Cartel Día do LibroAquí temos o tríptico. Premendo sobre a imaxe, xurdirá un .pdf coas láminas da exposición.

tríptico

Día do Libro 2013-II

Outra das actividades realizadas, sobre todo con 3º da ESO, e por grupos foi unha “búsqueda do tesouro” na Biblioteca.  A actividade consistía en ter que buscar na biblioteca un exemplar do Quijote, escondido, para o cal había que seguir unha serie de pistas. Tiveron que resolver dende unha sopa de letras, até buscar nos atlas varias localidades ata ir centrándose na obra.

Aquí tedes o resultado gráfico de todo o proceso que, a ratos, provocou un certo grao de excitación. En primeiro lugar, temos a reportaxe fotográfica e, despois tamén, en formato video. Cal vos gusta máis?

[gigya src=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2013/05/Na-procura-do-libro-perdido.swf” width=”500″ height=”375]

 

© 2022 bibliolucus

Theme by Anders NorenUp ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz