Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: Premio Extraordinario da ESO

Premio Extraordinario da ESO

O alumno do noso centro, Aman Santana da Silva, acadou o Premio Extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondente ao curso 2020-2021, concedidos pola Orde do 28 de outubro da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Dende aquí mandámoslle os nosos parabéns porque é algo moi meritorio.

Premio Extraordinario da ESO

A alumna do IES Lucus Augusti, Antía Castro Díaz, acadou o premio de extraordinario educación secundaria secundaria obrigatoria ao rendemento académico corresponden ao curso 2019/20.

Este premio foi convocado pola Orde do 4 de novembro da Consellería de Cultura, Educación y Universidade. O galardón reflicte o traballo e esforzo realizado e ten máis mérito, se cabe, por ter sido acadado en plena crise.

Dende aquí, mandámoslle os nosos parabéns.

Premio extraordinario da ESO

No seu momento, xa se informara que un alumno noso, Pedro Ferreiro Rega, conseguira o Premio Extraordinario da ESO (pódese recordar aquí).

Agora, temos aquí unhas fotos nas que vemos a recollida do premio en Santiago, xunto con outros compañeiros e as autoridades educativas do país.

E se premes no título da imaxe que vén abaixo, poderás ler a entrevista que lle fixeron, hai uns días, no xornal “El Progreso“.

Pedro Ferreiro Rega, no vestíbulo do centro (Foto: Xesús Ponte. El Progreso).

Premio extraordinario da ESO

Vén de publicarse a listaxe de alumnos e alumnas que conseguiron o Premio Extraordinario da ESO ao rendemento académico, e énchenos de orgullo  que un dos nosos alumnos estea entre eles. Trátase de Pedro Ferreiro Rega, a quen, dende aquí, queremos felicitar polo esforzo realizado e o éxito acadado.

Deixamos, tamén,  a ligazón á entrevista que lle fixeron no xornal “La Voz de Galicia” na edición de Lugo, de onde collimos esta fotografía na que posa subido á escaleira da nosa Bibloteca.

 

© 2022 bibliolucus

Theme by Anders NorenUp ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz