Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: poemas

Día das Letras Galegas 2016

Este ano, xa é sabido, o Día das Letras está adicado a Manuel María, poeta de Outeiro de Rei. Nós, para conmemorar o día, levabamos tempo preparando un recitado de poemas del realizado por alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO. Por fin, xa podemos presentar o resultado.

Tamén presentamos un feixe de recursos que se poden empregar na clase ou que se poden ver na rede como complemento. En primeiro lugar, un vídeo realizado polo Equipo da Biblioteca no que se presentan algunhas das súas obras e algúns dos seus versos, que podedes ver de seguido.

A Fundación da Casa Museo Manuel María, ten na súa folla web diversos materiais como son os seguintes (para acceder a eles, hai que premer na palabra):

Tamén o portal da RAG, ten un apartado onde salienta o seu papel como autor e finalmente, un recurso que nos parece moi suxestivo é unha liña do tempo interactiva realizada no IES San Paio, que sen dúbida ha gustarvos.

Finalmente, toda unha morea de recursos, recompliados pola Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística, entre os que destacan o rap realizado por alumnos de Oural, presentacións diversas e unha biografía do autor conmemorado este ano.

EXPOSICIÓN DE MATERIAL BIBLIOGRÁFICO SOBRE MANUEL MARÍA

Estes días pódese visitar no recibidor do centro unha exposición sobre material bibliográfico sobre MANUEL MARÍA organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega, por mediación do profesor D. Manel Matalobos, en colaboración coa Biblioteca.  Proximamente, publicaremos unha reportaxe fotográfica cos fondos expostos máis relevantes.

Manuel Maria 01

Presentación de Libro

O vindeiro xoves o profesor, recentemente xubilado, do centro Xosé Otero Canto, presentará o seu derradeiro libro de poemas “Valuria“, na Sala Sargadelos. Haberá un pequeno concerto e intervirán varios amigos e conferenciantes do autor.

Aquí queda o folleto do acto organizado por Xermolos e a Irmandade Manuel María.

Cartel

O son da fala- Homenaxe a Manuel María

O pasado ano dous locutores de Radio Lugo, do grupo radiofónico da Cadena Ser, Paco Nieto e Tania Lombao, comezaran cun impresionante proxecto –O Son Da Nosa Fala– no que ao mesmo tempo que se homenaxeaba a Celso Emilio Ferreiro coa lectura dun dos seus poemas, pretendíase tamén crear un banco de voces.

Este ano continúan co proxecto pero adicado a Manuel María -do que en setembro se cumprirán os 10 anos do seu pasamento- tamén lendo un poema. Daquela, do noso Centro, participaran no proxecto alumnos de 2º de BAC, pero desta volta decidiuse coller grupos menores. Participaron grupos de 2º da ESO (que amosaremos noutra ocasión) e de 3º. Aquí o que vos ofrecemos é un video realizado polos alumnos de 3º de PDC, no que graban a parte dos seus profesores -Roberto e máis Charo-, á orientadora -Carmen-, e tamén a eles mesmos. O vídeo está grabado e realizado por eles e nós subímolo á rede e o colocamos aquí para que todos o poidades ver. Un gran traballo.

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz