Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: podcast

O noso Podcast

Máis vale tarde que nunca. Con todo o da pandemia e o curso tan raro que tivemos no terceiro trimestre, quedáronnos pendientes varias tarefas que iremos actualizando progresivamente.

Ricardo Carvalho Calero

Unha delas é, precisamente, a que aquí vos presentamos. O Clube de Radio do noso centro, traballara durante todo o curso na realización de varios podcast e ese é o que estaba destinado a formar parte dos actos do “Día das Letras Galegas” no que se conmemoraba a figura de Ricardo Carvalho Calero.

Realmente, realizaron un traballo moi bo e cun altograo de calidade. Que opinades? Velaí o tedes.

O noso primeiro podcast

Recentemente, o noso centro mercou unha radio, ou máis ben o equipamento para facer radio-escolar. De seguido, Cristina, unha profesora que estivera connosco, xunto co alumnado de 3PMAR lanzáronse á aventura e veleiquí témo-lo resultado en forma do primeiro podcast que realizaron e que cont´n unha entrevista con Anxo, o coordinador do grupo da Biblioteca.

A idea sería que o noso alumnado, sobre todo aquel que lle interesen este tipo de medios de comunicación, se vaia formando ao mesmo tempo que divertindo para realizar máis traballos deste tipo. Se che interesa, non tes máis que comunicalo e iremos trazando para continuar con este proxecto. Ánimo.

Como o prometido é débeda, aquí temos a entrevista con Anxo, o coordinador do Equipo da Biblioteca.

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz