Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: NASA

Os piares da creación

Moita xente coñece e emprega a “Wikipedia”, e por esa denominación refírese á versión en español, pero nós, dende este pequeno recunchiño temos a sorte de contarmos cun importante recurso, se ben menos coñecido, que é a Galipedia,  a versión galega da Wikipedia e que non sempre ten a presenza que debería.

Traemos isto a blogue, porque na Galipedia, de xeito periódico, destácase na cabeceira unha imaxe do día e hoxe presentan unha impresionante instantánea da Nebulosa da Aguia. A fotografía titúlase “Os piares da Creación” e amosa a Nebulosa da Aguia. Está realizada co Hubbleque é un telescopio robótico operado entre a Axencia Espacial de Estados Unidos (NASA) e a Axencia Espacial Europea (ESA) que orbita arredor da Terra a uns 600 quilómetros de altitude.

863px-Pillars_of_creation_2014_HST_WFC3-UVIS_full-res_denoised

Se che gusta e queres descargala no formato orixinal, prepara o disco duro porque son más de 100 megas de foto, e a podes descargar aquí. Claro que tamén se pode descargar en tamaños máis accesibles.

22 de abril. Día da Terra

Hoxe, 22 de abril, celébrase a nivel internacional o “Día da Nai Terra“. A historia da conmemoración arrinca cando un activista e senador norteamericano chamado Gaylord Nelson, xunto con outras persoas e grupos, aló polo 1970 organizou unha manifestación para presionar ao goberno norteamericano para que este prestara máis atención ao coidado e preservación do medio ambiente. Tras ir reunindo, paseniño, o apoio de máis de 2.000 universidades, máis de 10.000 centros de primaria e de secundaria, e unha moitedeume de asociacións e grrupos, o goberno estadounidense rematou por crear a “Environmental Protection Agency” (EPA) -Axencia de Proteción Ambiental-, que hoxe segue a existir.

Non será até o ano 2009 que a ONU crea este “Día Internacional da Terra” para que a data sirva de concienciación sobre problemas como a destrución da biodiversidade, a superpoboación ou a contaminación. E dende entón celébrase con desigual apoio a nivel internacional. Premendo aquí, accederás á folla da ONU coa mensaxe do Secretario Xeral da ONU para este ano e onde se fala dos “Antecedenetes” desta data.

Aínda máis nos sorprendeu atopármonos, hoxe, que Google tamén conmemoraba esta data cun dos seus “doodles”. É o que temos na imaxe inferior. Se premes nel, chegas a un cuestionario onde se xogaba, por medio das respostas, a ver con que animal temos máis semellanzas e nos identificamos máis. Probádeo porque é bastante coñero.

Doodle-dia terra 2015

Igualmente, se premes na seguinte ligazón de “La Voz de Galicia“, accedes ao apartado de “A Voz da Escola” onde aparecen uns poemas de Gabriela Mistral e Antonio Machado e dun indíxena canadiano sobre o que representa o planeta.

Finalmente, aquí tamén podes ver un impresionante vídeo, creado por imaxes da NASA, no que se pode ver a enorme variedade de fenómenos presentes neste barco no que todos estamos a navegar.

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz