Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: Mes das Bibliotecas

Outubro: Mes da Biblioteca (V)

Rematamos as notas desta semana de conmemoración do Día da Biblioteca Escolar coa nova Guía de Lecturas sobre lecturas científicas. Todos estes libros, e outros máis, podédelos atopar na entrada da Biblioteca, no expositor. Estamos certos de que son o suficientemente atractivos e que resolverán algunhas das dúbidas máis cotiás que temos sobre diversas situacións. Os títulos son rechamantes, non si?

Para ve-la guía, tan só hai que premer na maxe.

Outubro: Mes da Biblioteca (II)

O vindeiro 24 deste mes, celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA. Esta data foi creada en 1997 pola ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE AMIGOS DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa finalidade de concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os cativos e  a mocidade e para resaltar o gran labor que realizan os bibliotecarios e bibliotecarias.

No presente ano o cartel e o pregón son de Andrés Rábago (máis coñecido como “El Roto“, coñecido debuxante do xornal “El País”) e de Laura Gallego (tamén coñecida polas súas series de literatura fantástica) e os actos conmemorativos han se celebrar en Segovia. 

Aquí vos deixamos o cartel conmemorativo e, nunha imaxe, o texto que escribiu Laura Gallego para a dita conmemoración. 

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz