Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: Laura Gallego

Todas las hadas del reino

Xa temos a primeira achega do “Clube de Lectura” deste curso.  Laura Fernández Pardo de 2ºESO C, preséntanos o seu parecer sobre o libro que escolleu: Todas las hadas del reino, de Laura Gallego, editado por Editorial Montena no 2015.

todas las hadas

Camelia es una hada madrina que tiene 300 años, lustro arriba, lustro abajo. Vive en una pequeña casita cubierta de musgo y cada día sale de ella para acudir a la llamada de sus múltiples ahijados. De momento, lo tiene todo controlado, hasta que un día su amiga Orquídea le pide ayuda con un ahijado, Simón. Camelia acepta, pensando que será fácil, pero no, ya que con ese ahijado le aparecerán problemas, que llevarán a cambiar su vida y su forma de ser por completo.

Opinión: Me gustó mucho este libro porque te engancha completamente y te hace sentir angustia en una parte; tanto que necesitas  mirar el final para poder dejar de leer. Cuando empiezas el libro, intuyes el final, pero ese final es sólo el inicio de la trama.

Como complemento, podes ver o booktrailer realizado pola editorial o pasado ano cando saiu do prelo.

Outubro: Mes da Biblioteca (II)

O vindeiro 24 deste mes, celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA. Esta data foi creada en 1997 pola ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE AMIGOS DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa finalidade de concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os cativos e  a mocidade e para resaltar o gran labor que realizan os bibliotecarios e bibliotecarias.

No presente ano o cartel e o pregón son de Andrés Rábago (máis coñecido como “El Roto“, coñecido debuxante do xornal “El País”) e de Laura Gallego (tamén coñecida polas súas series de literatura fantástica) e os actos conmemorativos han se celebrar en Segovia. 

Aquí vos deixamos o cartel conmemorativo e, nunha imaxe, o texto que escribiu Laura Gallego para a dita conmemoración. 

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz