Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: guía de lecturas

Por fin, o verán

Por fin chegou a fin de curso. Chegamos a el xa case sen forzas, tras unha corentena na que apareceron palabras novas (“a covid-19“, “desescalada“, “teletraballo“) o que nos indica que a vida non é estática senón que está en contínua mudanza.

Foron uns meses de confinamento, de desacougo, de traballo e de inquedanzas. Pero xa chegou a fin do curso, e presentamos, nun intento de voltar á normalidade, o folleto de “Lecturas recomedadas para o verán“.

Nel, atoparedes, coma sempre, unha escolma variada de temas e de xéneros. Hai novela negra, en galego e en español, hai lecturas para a mocidade, tamén a obra cimeira de Carvalho Calero -que nos lembra este Día das Letras Galegas que non se puido celebrar-, e algo de lecturas científicas e de arte para alimentar, tamén, o espírito.

Esperemos que no vindeiro curso, palabras como normalidade e rutina sexan as que, de novo, estean de moda. Boas vacacións.

Please follow and like us:

Tríptico de Nadal

Coma tódolos anos, presentamos o tríptico de Nadal. Coma sempre, tamén, procuramos que estean representadas todas as idades do noso IES e que, así, poidan atopar algo que poida ser do seu interese e entreterse nas vacacións.

Pódese descargar en formato pdf, premendo na imaxe. Felices vacacións.

Tríptico do Nadal 2019
Please follow and like us:

Guía de lecturas-Nadal 2015

Xa está aquí recén saída do forno, a nosa guía de lecturas deste nadal. Coma sempre, procurarmos que fose variada e, así, aparecen dende títulos de aventuras como “Fernando, el temerario” até as “Novas aventuras de Dick Turpin“. Hai clásicos coma “O libro da selva” ou títulos recentes coma “Ciudades de papel“. Tamén aparecen lecturas para adultos como a biografía de “Steve Jobs” ou  o último libro de José Antonio Marina Despertad al diplodocus“, que formula unha visión do futuro educativo.

triptico nadal 2015

Todos os títulos xa están ao voso dispor na biblioteca e esperamos que esta escolla vos resulte interesante. Para descargar a guía, preme na imaxe.

Please follow and like us:

Guía de Lecturas. Nadal 20104.

Temos recén saída a Guía de Lecturas deste Nadal 2014. Como veredes é moi diversa pois aparecen dende obras de corte máis romántico (El sendero del amor de Nicholas Sparks) até a última novela da escritora lucense María Reimóndez e último Premio Xerais de Novela titulada “Dende o conflito“.  Tamén está o último Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014, “O Gran Reino” de Eduardo Santiago, e un valor seguro como é un libro de Laura Gallego; neste caso, o titulado “Finis Mundi“.

Que pasedes Felices Festas e que destrutedes da lectura.

Guía de lectura Nadal 2014

Please follow and like us:

Guía de lecturas para a Semana Santa

Aínda que estaba pensada para o comezo da primavera, entre exames e agobios retrasóusenos unha miguiña. Pero xa está aquí, disposta para aproveitar os días de lecer na Semana Santa. É unha guía variada na que aparecen best-sellers e algún outro libro máis minoritario pero moi interesante. Podes premer nas imaxes para velas máis grandes ou descargar o boletín premendo aquí.

Please follow and like us:

© 2020 bibliolucus

Theme by Anders NorenUp ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz