Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: Guerra Civil

Presentación de libro

O vindeiro xoves día 28, ás 19’30 h. vaise celebrar no Salón de actos do noso instituto a presentación do libro “Memoria de Arnao“. Contará coa presenza do autor Francisco García Rodríguez e intervirá tamén Helena González Vázquez.

O libro, que ten como subtítulo “Campo de concentración de Figueras”, relata as circunstancias do campo de concentración no concello de Castropol, Asturias (ao outro lado da raia de Ribadeo), presenta gran cantidade de documentos inéditos e comentará múltiples feitos relacionados co pasado relacionado coa Guerra Civil e a postguerra na zona.

Nós tamén temos historia

Xa temos o resultado dun proxecto levado a cabo polo alumnado de 4ºESO, dirixido polo profesor Gaspar Méndez. Titúlase “Nós tamén temos historia” e parte dunha premisa moi básica aínda que, ás veces, esquecida: tamén entre os rapaces e rapazas que temos ao noso cargo hai historias interesantes que pagan a pena seren contadas.

Neste caso, collendo como inspiración a novela de Arturo Pérez Reverte titulada Línea de fuego que é unha lectura obrigada en 4º de ESO e o seu álbum decidiuse facer a seguinte experiencia para ver onde nons levaba.

A partir dunha fotografía, reconstrúese un anaquiño da historia familiar e xuntando todas elas aparecen moitos temas non só da nosa contorna senón doutras partes do mundo. Aparecen a Guerra do Rif, a Guerra de Sidi Ifni, a Guerra Civil e tamén a emigración a Cuba e outros países e a inmigración. Aparecen devanceiros que eran labregos, pero tamén outros que eran mineiros, zapateiros ou mecánicos. A todos eles a vida levounos por outros territorios e por outros oficios. O dito, moi interesante. Pódelo ver premendo na imaxe.

Presentación de libros

O pasado mes informáramos da presentación de dous libros por parte de Lourenzo Fernández Prieto, que tiñan como nexo común a Guerra civil española. Con esa presentación máis a exposición de carteis anarquistas da propia guerra civil conmemorabamos o 80 aniversario do seu remate.

Para nós é un luxo e un honor ter aquí a tan importante autor polo que decidimos gravar-la conferencia para aqueles que non puideron estar. O laborioso proceso de edición xa rematou e velaí téde-lo resultado.


© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz