bibliolucus

Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: feminismo

Faladoiros feministas

A penas vimos de comentar a creación do “Club de Letras” e xa comezan as primeiras actividades organizadas por el. Este ano, a temática común vai se-lo feminismo e xa está organizada a primeira conferencia.

O venres 25, ás 20’00 horas, no Salón de Actos, visitaranos os “Faladoiros Feministas” e, dentro da programación, contaremos con Eliana Martins que nos ofrece a conferencia titulada “Xornalismo con lentes moradas: xénero e comunicación

A Veiga é como un tempo distinto

a veigaBoa novela de Eva MoredaA Veiga é como un tempo distinto“, en a penas 120 páxinas constrúe un relato de amor e loita, contextualizado na diáspora galega a Londres mediado o século XX, que coincide cos primeiros movementos de liberación da muller e a actividade sindical polos dereitos das traballadoras. Moi recomendable.

Novas adquisicións

El Diario de Anne Frank. Ari Folman. (David Polnsky)

el diario de anne frank

Está considerada como unha das novelas máis esclarecedoras sobre a era nazi. Isto fixo que fora reeditada moitas veces e se crearan innumerables historias arredor dela.

Non obstante, nunca houbo un traballo gráfico sobre el. Pero Ari Folman e David Polonsky encargáronse de recrear o diario en cómic.

 


Feminismo para principiantes. Nuria Varela. (B de bolsillo)

feminismo para principiantes

Quen eran as sufraxistas? De onde procede a expresión mal entendida de “feminismo radical? Por que o feminismo foi ridiculizado e vilipendiado? Por que as feministas foron cualificadas de “marimachos”, feas ou sexualmente insatisfeitas? Como e onde xorde o término “violencia de xénero“? Cal é a ridícula relación entre feminismo e accidentes de tráfico? Que é a masculinidades? A partir destas e doutras preguntas, a autora repasa tres séculos de loita e dos seus líderes, e narra a aventura dunha axitación social que ningún outro movemento logrou manter viva tanto tempo.


Irène. Pierre Lemaitre. (Debolsillo)

A novela mais orixinal e poderosa dos últimos anos. O comandante Camille Verhoeven vive a vida perfecta. Está casado coa marabillosa Irène, coa que espera o seu primeiro fillo. Pero a súa felicidade remata tras un asasinato inusualmente salvaxe. Dado que a noticia se fai pública, a prensa arremete contra el e cada un dos seus movementos convértese en noticia na primeira páxina.

Verhoeven descobre que o asasino xa matara antes. Cada un dos seus crimes parece homenaxear a unha novela negra clásica, polo que os xornalistas lle poñen un alcume: “o novelista”. Aos que poden axudar a atopalo engádense a lista de sospeitosos: un libreiro e un profesor universitario especializado en ficción criminal. A investigación convértese así nun duelo intelectual e nunha aterradora carreira contra o tempo.


Los miserables. Víctor Hugo

los miserables

Parcialmente inspirada nun personaxe real, Eugéne François Vidocq, “Los miserables” narra a loita por redimirse do ex convicto Jean Valjean. Pero non se trata dun simple cadea de vicisitudes: Víctor Hugo fai desta novela unha reflexión sobre os problemas da súa época e cuestións trascendentais como a naturaleza do Ben e do Mal.

Os clásicos volven estar de moda. Neste caso, a partir da película presentada hai pouco tempo.


A que altura está o ceo. Jorge Mira. (Alvarellos Editora)

-a-que-altura-esta-o-ceo-

Velaquí una das preguntas que leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia: A que altura está o ceo? Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión. e a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo. Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións como estas: Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?Cal é a idade do universo? E o seu tamaño? Que quere dicir que o universo se expande? E a que o velocidade fai? É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?


50 Conceptos de fotografía. Tecnología y técnicas. Brian Dilg. (Blume)

Desde a ciencia de converter a luz en información dixital ata as implicacións filosóficas de conxelar un momento no tempo, as grandes ideas abórdanse en unidades miniatura: dúas páxinas, 300 palabras e unha imaxe representativa cada vez. Inclúense fotografías recoñecidas mundialmente, desde os primeiros daguerrotipos ás obras e biografías contemporáneas máis innovadoras de fotógrafos destacados. Este conciso análise captará a curiosidade do lector e exporalle as novas ideas sobre as cámaras, a fotografía e a cultura visual que lle rodea.


Teorías económicas sugerentes y desafiantes. Donald Marron. (Blume)

50-teorias-economicas-sugerentes-y-desafiantes

Un enfoque revolucionario para entender as teorías económicas máis importantes. Explícanse as ideas económicas máis complexas, utilizando non máis de dúas páxinas, ao redor de 300 palabras e unha imaxe. Desde o marxismo ata o mercantilismo e todo o que hai entre ambos: un curso acelerado definitivo sobre a teoría económica. Economía keynesiana, capitalismo de libre mercado, monetarismo, teoría dos xogos, a man invisible, todos estes conceptos son explicados de forma sinxela e apoio visual.

© 2020 bibliolucus

Theme by Anders NorenUp ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz