Por fin, este ano, despois da pandemia de COVID-19, xa podemos disfrutar dun entroido normal e corrente. No centro, celebrarase o concurso de disfraces e hai no vestíbulo unha expsición de máscaras, libros e obxectos diversos relacionados co entroido e co carnaval de diversos sitios. Abofé que é ben curiosa.
Etiqueta: entroido
Xa temos aquí o vídeo do Entroido 2019. Houbo algúns problemiñas co son pero, polo menos, a imaxe vese perfecta. Esperemos que vos guste.
Temos xa o primeiro vídeo sobre o Festival de Entroido celebrado o pasado venres no noso centro.
Por fin, xa temos o video montado do Entroido 2016. Esta ano tivemos unha gran participación de comparsas tanto da ESO coma de BAC polo que houbo que crear premios para as dúas categorías.
Xa temos aquí fresquiñas as imaxes do vídeo gravado sobre a celebración do Entroido no Centro. Dado o rebumbio que había, o son non é do mellorciño pero o importante é lembrar os momentos vividos naquela ocasión. Noraboa aos gañadores e tamén a todos os participantes. Aquí o tedes.
Fresquiño, fresquiño. Velaí tedes un vídeo coas fotos do desfile de onte no noso instituto. Como dicía o outro “podían ser máis pero non mellores, porque é imposible”. Agora toca pasalo ben no outro Entroido.
Aquí temos o resultado da celebración do Entroido no noso IES. Desta volta houbo unha maior participación e apareceron concursantes tanto individuais como por grupos. A montaxe realizouse coas fotos que mellor presenza tiñas pois houbo moitas máis pero estaban movidas ou con tal cantidade de xente non se distinguía gran cousa. De tódolos xeitos, desfrutade, de novo do pase.
[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/02/Entroido-2012-1.swf” width=”500″ height=”350″ targetclass=”flashmovie”]
[/kml_flashembed]
A música é Open Source e no remate do carrusel están os créditos, para quen lle guste o “ruído“.
Comentarios recentes