Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: Editorial Galaxia

Presentación de “O álbum de Garrincha”

O vindeiro sábado 7, presentarase na Libreria Trama o, recén saído, libro de Beatriz Maceda Abeleira  “O álbum de Garrincha“, ilustrado por Laura Veleiro.

12191664_1675691149310780_7480202614690067702_n

A presentación vaina conducir, por desexo da autora, Lois Pérez que disertará sobre como o fútbol pode convertese nunha, case, filosofía vital.

O título do libro alude a Garrincha, un dos grandes futbolistas brasileiros da historia que contra todo pronóstico -era zambo, estaba medio coxo cunha perna máis longa cá outra e tiña a columna tamén desprazada- chegou a ser converter en toda una lenda no seu país e no corazón dos siareiros de todo o mundo, pois é recoñecido como o mellor caneador da historia, mesmo por diante de Pelé. Esa historia é a que fai de fío condutor para que o protagonista da novela, chegue a entender e superar os problemas do seu mundo particular.

Morreu Doris Lessing

Este luns chuvañento ábrese coa nova do pasamento, en Londres cando tiña 94 anos, de Doris Lessing. Muller de vida azarosa e interesante que, para moitos e moitas, representa un paradigma do que foi o século XX. Nace en Persia, actual Irán, de onde se traslada coa súa familia a Rodesia -actual Cimbabue- cando contaba con 6 anos. Alí choca coas estruturas racistas de imposición da minoría branca sobre a maioría negra, marcha da casa, sobrevive soa, traballa, casa, ten dous fillos e únese a un grupo de debate comunista. Divórciase, volta casar, marcha a Londres, ten outro fillo, entra e sae no Partido Comunista, e participa en protestas feministas e antinucleares.

Por esas datas, falamos de 1950, comeza a escribir e non será até 1962 cando publica a primeira grande obra que a consagra como unha escritora reputada, “O Caderno dourado”. Esta obra cunha innovadora estrutura será a que a convirta nunha icona do movemento feminista e permita continuar cunha obra poderosa e fundamanetal, se ben, non últimos anos, criticouselle unha derivación cara á ciencia-ficción de pouca calidade.

 No pasado 2001, recibe o Premio Príncipe de Asturias e, posteriormente, no 2007 o Premio Nobel de Literatura pola capacidade para transmitir a épica da experiencia feminina e narrar a división da civilización con escepticismo, paixón e forza visionaria. 

Deixa unha ampla obra da que aquí, na nosa Bilioteca, contamos coa a súa obra máis relevante editada por GalaxiaO caderno dourado“.

 

 

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz