Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: Día de Rosalía

23 de febreiro-Día de Rosalía

Chegou o 23. Como tódolos anos, a AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega), encarga a unha figura sobranceira da cultura a realización do manifesto que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 25 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.

Este ano Carme Adán foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG que tamén será lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remite a concellos, asociacións e centros de ensino.

O lema escollido para este 2023 foi: #cumpriuseaxustiza, e o manifesto completo o podes descargar aquí.

No centro, levouse a cabo a lectura do manifesto, houbo a exposición de retratos realizada por rapaces da ESO e repartíronse cartaces como o que vén a continuación cunha imaxe de Rosalía e unha parte do menifesto. A seguir, pódelo ver todo na seguinte galería.

Día de Rosalía

O vindeiro 23 de febreiro é cando se celebra o Día de Rosalía, a nosa poetisa nacional. Desta volta, os rapaces de Debuxo Artístico II elaboraron diversos traballos compostos por unha versión de retrato e un dos poemas rosalianos. Participaron o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca.

Velaí podedes ve-lo vídeo (premede na imaxe) co resultado. Este vídeo será proxectado nas clases ese día e, ás 11’15, haberá un acto no vestíbulo do Instituto.

E a seguir, tedes aquí un Genially, realizado entre os Equipos de Dinamización Lingüística de varios CEIP da Coruña e outro de Ourense nos que podes pór a proba os teus coñecementos sobre Rosalía.

Preme aquí para velo Genially de Rosalía

Día de Rosalía

Para conmemorar o Día de Rosalía, presentamos este traballo a partir da actividade realizada polos alumnos de PMAR II, na que despois de traballar a técnica dos haikus,  eles mesmos realizaron varios, que estiveron expostos no vestíbulo do centro. 

Aquçí o temos en formato vídeo para que toda a comunidade escolar o poida ver e desgustar.

24 de febreiro- Día de Rosalía

De novo, este día 24 chegamos ao Día de Rosalía. Nesta ocasión cúmprese o 180 aniversario do seu nacemento.

diaderosaliadecastro-2017-1A conmemoración apoiada pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) chama a agasallar cun libro e unha rosa e levar a cabo actos que lembren á nosa escritora nacional.

Entre os actos conmemorativos a celebrar podemos destacar que a Deputación de Lugo  agasallará os-as visitantes dos 4 museos da provincia, Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla, e do Mar, e aos da Capela de Santa María cunha lámina co poema “Adiós ríos, adiós fontes” e unha rosa.

A ilustración de Rosalía de Castro é de Noemí López Vázquez e pertence a colección da exposición do Centro de Artesanía e Deseño “Imaxinando Cantares Gallegos”. A lámina  é esta

210217-ilustracion-rosalia

Día de Rosalía 2016

Coma tódolos 24 de febreiro, hai mobilización no país para a conmemoración do “Día de Rosalía“.  Tamén tódolos anos, acode puntual á cita a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) para artellar unha campaña que festexe á nosa poetisa nacional. Este ano, ademais do tradicional agasallo a amig@s e coñecid@s dunha rosa e dun libro, propón mobilizarnos por Rosalía nas redes sociais: no Twitter, no Facebook ou no Instagram.

CartelBaseAELGDia-de-RosaliaDeCastro2016-150_001Trataríase de levar a cabo un envío masivo, e simultáneo, dun verso de Rosalía desde os teléfonos móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, dun verso do poema IV de Cantares gallegos (“Trocando en sonrisas / queixiñas e choros”baixo a etiqueta #mobilizarosalía.

Podes ver algúns exemplos das aportacións da xente e do que xa está compartido nas seguintes ligazóns de:

 – Facebook: posts.

Twitter: imaxes, vídeos, chíos.

Instagram: aquí e aquí.

E xa para rematar máis pretiño de nós, e no mundo físico, a Área de Cultura da Deputación de Lugo, xunto co apoio da Fundación Rosalía de Castro e a Obra Social de “La Caixa”, vén de presentar, o pasado luns 22, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, unha exposición fotográfica dun dos máis afamados fotógrafos da Galiza, Xurxo Lobato, titulada “Airiños, aires… Rosalía. Esta exposición estará aberta até o 30 de marzo. Podes conseguir toda a información, premendo na imaxe.

airiños aires

Día de Rosalía

Hoxe, Google tamén se apunta á conmemoración do Día de Rosalía co seu Doodle. Isto si que coloca a nosa lingua no mundo. Millóns e millóns de ordenadores de todo o planeta abren coa figura da nosa poetisa nacional. Hai que velo paara crelo! Hai futuro.

Día de Rosalía-II

Como xa indicáramos nunha nota anterior, e como conmemoración do 150 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o noso IES foi elixido pola Asociación de Escritores de Lingua Galega para a celebración deses actos na cidade de Lugo. Participaron os escritores Antonio Reigosa, que leu o manifeston Isidro Novo, Adela Figueroa -antiga profesora no Centro- e Manuel C. Matalobos e José Otero Canto, profesores, os dous en activo no noso IES, e que escribiron poemas para a ocasión.

No acto, tamén participaron alumnos de 4º da ESO e de 1º BAC, como Yelco, Blas ou Carmen, entre outros, que recitaron poemas de Rosalía preparados para esta celebración.

Aquí pódese unha pequena escolma de imaxes do acto.

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/05/Rosalía_2012.swf” width=”450″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

 

 

 

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz