Logo do ISLM

A IASL (International Association of School Librarianship – Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares) créase sobre 1998 e durante 10 anos estivo a celebrar durante o cuarto luns do mes de outubro, o Día das Bibliotecas Escolares. No décimo aniversario, 2008, aprobou nunha xunta que o mes de outubro sería o Mes das Bibliotecas Escolares, para que en cada país ou en cada Biblioteca, os responsables axeitaran a celebración ás súas circunstancias. O seu lema para este ano é ben significativo: “Bibliotecas escolares: portas cara a vida”

No noso país, dende hai uns anos, a Xunta estableceu o día 24 como o día da celebración. E así vense conmemorando con maior ou menos atención. Dende a nosa Biblioteca, pretendemos que cada día desta semana haxa unha notiña cun recurso que nos faga reflexionar sobre o papel que cumpren este modelo de bibliotecas.