Aquí temos, xa rematando o curso, unha exposición do Departamento de Plástica que presenta unha escolma dos principais traballos realizados por algúns dos seus alumnos. O tema era a representación de varias aves e paxaros, e podémolos ver co nome común e, tamén, co nome científico.
Etiqueta: Departamento de Plástica
Dende a Real Academia Galega de Belas Artes chamouse a adicar o 2017 á conmemoralo como “Ano Maruxa Mallo“.
Por iso, o Departamento de Plástica levou a cabo unha “performance” que serviu para pór de relevo as posibilidades creativas da expresión libre.
Aquí tedes tamén o vídeo que amosa unha interesante experiencia.
Aproveitando que este ano o lema das Bibliotecas Escolares era “Territorio das artes“, presentamos a exposición que levamos a cabo a comezos deste mes con fondos da Biblioteca relacionados coas artes (libros de arquitectura, películas sobre artistas, Banda deseñada…) e, ao mesmo tempo, presentouse a actividade titulada co lema “Outras miradas” na que o alumnado de Plástica amosaba a súa interpretación de diversas obras artísticas. Aquí tedes o vídeo das súas exposicións.
Comentarios recentes