Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: conferencia

Charla de Xosé M. Núñez Seixas

Organizada polo Departamento de Xeografía e Historia maila Biblioiteca, o vindeiro día 15 de decembro ás 19’00h., hase celebrar unha conferencia dun dos historiadores máis reputados do país, Xosé M. Núñez Seixas.

Aproveitando que ven de publica-la súa última obra, Volver a Stalingrado. El frente del este en la memoria europea (1945-2021), pola que foi, ademais, merecedor do importante Premio Internacional de Ensaio Memorial Walter Benjamin.

É unha boa ocasión para ter contacto directo co autor e ademais del, intervirán tamén Javier Gómez, profesor e crítico de El Progreso e Henrique Hervés, profesor no noso centro.

Conferencia con Carlos Taibo

O pasado día 3 deste mes, celebrouse no Salón de actos do noso centro, unha conferencia na que Carlos Taibo, disertou sobre os principais aspectos do seu recente libro “Anarquistas y libertarios. De aquí y de ahora“.

A conferencia, organizada polo noso Club de Letras se abriu a todo o público e contou cunha importante afluencia de público que ao final tivo tamén a posibilidade de formularlle múltiples cuestións. Veleiquí témo-la gravación da conferencia.

Carlos Taibo: “Anarquistas e libertari@s de aquí y ahora”

Conferencia: “A muralla cohabitada”

Con motivo da proximidade do “Arde Lucus“, na Librería Biblos, organizan unhas xornadas os vindeiros días 12 e 13 de Xuño, mércores e xoves desta semana, ás 20,15 horas, nas que, collendo como referencia o libro do fotógrafo lucense Xosé Reigosa, que leva por título A Muralla Cohabitada,  durante esas dúas cornadas intervirán diferentes persoeiros vencellados ao mundo cultural e artístico da nosa cidade, todos eles retratados no libro de Reigosa, que fará de moderador da charla-coloquio. Desde diferentes perspectivas e puntos de vista multidisciplinares, presentarán diversas achegas ao significado e a aquilo que representa a Muralla Romana para todos os galegos e, especialmente, para os e as lucenses.

Sen dúbida, unha gran iniciativa da que dende a Biblioteca nos facemos eco e á que invitamos a todos vós.

© 2023 bibliolucus

Theme by Anders NorenUp ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz