Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: ciencia en galego

Día da Ciencia en Galego

Novembro é, entre outras cousas, o mes da “Ciencia en Galego“, e este ano para a súa conmemoración, o vindeiro día 21, imos celebrar un acto no Salón de Actos do Centro, que estará organizado polo noso Centro en colaboración co Concello. Aínda que, en principio, ía ser na Biblioteca, mais como a afluencia vai ser numerosa, decidiuse trasladar ao Salón de Actos e dar cabida a todos e todas.

O acto consistirá nunha charla e máis un documental que ten con títulos tan suxestivos coma: “Máis aló do plano inclinado“, “Muller e ciencia” e “O tempo é relativo“.

Please follow and like us:

Outubro: Mes da Biblioteca (IV)

Hoxe -mañá- é un día raro porque a práctica totalidade dos elementos que forman parte da Comunidade Educativa, en sentido amplo -ANPAS, Sindicatos de profesores, Sindicatos de alumnos etc.-, teñen convocada unha xornada de folga contra a LOMCE, a chamada “lei Wert”. En fronte, tan só a Administración. Mais non queremos que iso afecte máis do debido polo que esta nota realizarase antes das 00’00 horas do xoves.

Temos aquí o cartel conmemorativo deste ano editado pola Consellería de Educación e que, seguro, xa tes visto polo centro adiante. A autora é Patricia Castelao que é unha coñecida ilustradora que leva publicados un monte de tapas de libros de topo tipo, como podes ver unha pequena escolma deles na ligazón de culturagalega.org.

O cartel está titulado “LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR“, polo que resulta axeitado lembrar un dos videos realizados pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística no que se salienta algo evidente, que a ciencia tamén se pode realizar en galego.

Please follow and like us:

© 2020 bibliolucus

Theme by Anders NorenUp ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz