Tódolos anos nas Bibliotecas Escolares que formamos parte da rede galega hai un lema co que tratamos, especificamente, de traballar un aspecto curricular determinado e, tamén tódolos anos, ilústrase cun cartel dalgún autor ou autora galegos. Desta volta, e durante todo este curso, o lema é “Biblioteca escolar, base de exploracións“, e o ilustrador escollido é Fran Bueno.

cartel_def_15_petit2_0

Particularmente pensamos que é todo un acerto pois, aínda que estamos inmersos na sociedade da información, e escóitanse continuamente expresións sobre a necesidade de saber buscar e manexar información e de como a xente nova é diestra e competente nesas actividades, o certo é que, cando analizamos algo máis que as apariencias, a realidade aparece cruamente. Un recente artigo aparecido non xornal “La Voz de Galicia” no que fai referencia ao último informe monográfico de PISA, aclara perfectamente a situación e indica a relevancia do lema deste ano.

Así, indícase que os nosos mozos e mozas teñen certos problemas de manexo da información a través da rede (nos conseguen diferenciar a información útil, da inútil; o relevante do accesorio o publicitario). Tamén avisa de que se na lectura impresa, é coñecido, estabamos lixeiramente por debaixo da media, isto agrávase na lectura dixital. Eis o traballo a realizar.