Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: cambio climático

Cambio Climático

Interesante vídeo o que se puido ver hai un par de días na 1 da Televisión Española. O equipo de Metereoloxía da cadea participa estes días na Conferencia Internacional “Change The Change” que se está a celebrar en Donostia, e veñen de subir á rede un vídeo no que explican un dos posibles efectos do cambio climático se non atallamos a emisión dos gases de efecto invernadoiro.

Por se non o viches, telo aquí pola importancia que ten. É para pararse a pensalo. Non si?

Que opinas?

A editorial galega Kalandraka vén de pór a venda a última obra de Jostein Gaardner, no seu selo Faktoría K. Este é un noruegués, profesor de Filosofía e de Historia das Ideas nun instituto de Bergen, que conseguiu un gran recoñecemento internacional a mediados dos 90 cando publicou “O mundo de Sofía“. Neste libro, conseguira un enorme éxito na divulgación de ideas filosóficas polo seu tratamento case novelístico, no que un adulto falaba cunha rapaza que formulaba as súas dúbidas e as dúas inquedanzas.

Desta volta, no libro “A Terra de Ana“,  o tratamento é lixeiramente diferente e tamén o tema. Agora o tema non pode ser máis actual pois é o “cambio climático” e a resposta que lle damos como individuos e como sociedade. É un libro interesante, para todo tipo de públicos, e que axudará a que deamos coas claves do problema.

Esta é a sinopse do libro: “Nos seus soños, Anna é quen de albiscar un planeta agonizante no futuro, con moitas especies desaparecidas da face da Terra a causa da contaminación e do cambio climático. Evitar que ese escenario apocalíptico se faga realidade é o seu reto. “

Aquí podes ler un fragmento on-line, e se che gusta o podes coller na Biblioteca.

 

A hora do planeta

Tódolos anos aló polo 19 de marzo é cando a organización ecoloxista WWF lanza a campaña contra o cambio climático, na que se pide, a nivel internacional, que se apague  a luz entre as 20’30 e as 21’30 como medio de concienciación sobre o problema do cambio climático. Tes máis información na súa web. Participas?

HP2016_Banner_300x250

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz