Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: biblioteca

Mes cultural III. Exposición: Territorio das artes

Aproveitando que este ano o lema das Bibliotecas Escolares era “Territorio  das artes“, presentamos a exposición que levamos a cabo a comezos deste mes con fondos  da Biblioteca relacionados coas artes (libros de arquitectura, películas sobre artistas, Banda deseñada…) e, ao mesmo tempo, presentouse a actividade titulada co lema “Outras miradas” na que o alumnado de Plástica amosaba a súa interpretación de diversas obras artísticas.  Aquí tedes o vídeo das súas exposicións.

O mellor refuxio do Lucus Augusti

O pasado día 18 de abril publicouse no xornal local “El Progreso” unha entrevista con parte do Equipo da Biblioteca que versaba sobre a nosa Biblioteca. O titular é engaiolante: “O mellor refuxio do Lucus Augusti” e tanto nos gustou que por iso titulamos así esta nota. Na entrevista, fálase da evolución habida na biblioteca nos últimos tempos e como, a pesar de tódalas eivas, é unha das instalacións de maior uso, e maior aceptación, do noso Centro como proban as 2 fotografías que ilustran o artigo. Alúdese tamén a que un feito fundamental no cambio experimentado foi a inclusión no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares (PLAMBE). O alumnado dos cursos superiores aínda lembrarán as vellas instalacións e, por iso, son máis conscientes do cambio.

É unha mágoa pero para poder lelo enteiriño hai que acceder ao pago. Polo menos nos queda a referencia na rede e as fotografías que falan por si mesmas. Podes acceder á noticia, premendo na fotografía.

682675

Alumnos do Instituto na Biblioteca durante os períodos de lecer. (Foto: El Progreso)

Outubro: Mes da Biblioteca (III)

Hoxe traemos un video no que Cristina Novoa Fernández (Asesora técnica docente de Bibliotecas Escolares en Consellería de Educación. Xunta de Galicia), sintetiza en menos de 4 minutos, todo un programa do papel que debe cumprir unha Biblioteca escolar como centro de recursos. Coidamos que como motivo de reflexión ou, mesmo, tema de debate, é unha grande aportación para comprobar en que punto está a nosa e o camiño que aínda nos queda por andar.

Por fin, abrimos.

Aínda que con algo de retraso, debido a exames varios e a memorias e proxectos, xa podemos presentar ao mundo, con orgullo, a nosa Biblioteca. Para moitos será quizais algo convencional, pero só nós sabemos o que nos costou chegar até aquí. E xa imos lanzados. Esperamos que vos guste. E coma sempre, admítense suxestións e, mesmo, críticas.

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/06/Biblioteca-do-IES-“Lucus-Augusti”.swf” width=”450″ height=”350″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

Asterix no Lucus Augusti

Comezamos un novo curso e aínda que con algo de retraso principiamos tamén co traballo na Biblioteca. Vai algo lento de máis pero xa se irá a coller ritmo de seguido.

Hoxe, como conmemoración do “Día das Bibliotecas Escolares” presentamos estas imaxes sobre a exposición que se leva a cabo no Centro sobre exemplares de Asterix en varias linguas. Mesmo algún está no Centro polo que pode ser lido. Foi organizada por membros dos Departamentos de Lingua Castelá e Plástica, xunto coa participación de alumnos da materia de Literatura Universal de 2º de BAC. Esperamos que vos guste a exposición.

[kml_flashembed movie="" width="500" height="400" wmode="transparent" /]

Claro que se queres ve-las imaxes anteriores nun tamaño máis grande, preme na seguinte ligazón:  

E se queres completar o círculo, este días no vestíbulo da Biblioteca Pública, hai tamén unha pequena exposición de carteis sobre as películas de temática romana máis afamadas (clásicas como Espartaco, ou modernas como Gladiator), e tamén da indumentaria que levaban os lexionarios. É particularmente interesante a vitrina que fai referencia ós diversos tipos de espadas.

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz