Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: benvida

Curso 2023-2024

Comezamos o novo curso con novos azos e con curiosidade por ver cara onde nos leva. Polo de agora, deixamos a benvida ao novo alumnado -novos compañeiros e compañeiras- e, a seguir, iremos completando este noso xornal con novas do centro.

Inicio do curso 2022-2023

Comezamos o novo curso con novos azos e con curiosidade por ver cara onde nos leva. Polo de agora, deixamos o a benvida ao novo alumnado -novos compañeiros e compañeiras- e, a seguir, iremos completando este noso xornal con novas do centro. Esperemos que xa entremos na chamada “nova normalidade” e que poidamos retoma-la nosa vida anterior.

Curso 2021-2022

Comezamos un novo curso

Xa levamos uns días dun novo curso e dende o espazo da Biblioteca queriamos aproveitar para vos da-la benvida. Especialmente a todos aqueles que entrades por primeira vez no noso centro e estes días estades a pasar pola Biblioteca para falar do carné, dos servizos e dos recursos que se ofertan a través dela.

Esperamos que sexan proveitosos e que participedes nas actividades que este ano se despregarán para celebrar o 175 aniversario do noso centro.

Comezamos no 2015-2016

benvidos2

Un ano máis, comeza unha nova travesía no Instituto a través deste blogue da Biblioteca. Despois das vacacións as forzas están repostas e xa estamos listos para outro curso. Dende aquí, queremos, sobre todo aos que entrades este curso en 1º da ESO, darvos a “Benvida” e desexamos que vos sexa de proveito.

Dentro de pouco comezaremos tamén coas primeiras actividades nas que esperamos que participedes animosamente.

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz