Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: 2ºESO

As mulleres que non viñan nos libros de Historia

Sabías que a Historia non se atopa tan só nos libros e Edixgal? Estades convidad@s a unha lección de Historia diferente, aínda que podemos dicir
que tamén é unha viaxe no tempo.

Este pequeno documental foi elaborado coas entrevistas que os nosos
compañeir@s de 2º ESO C, fixeron a mulleres de entre 60 e 80 anos da súa
contorna. Damos así continuidade a unha pesquisa iniciada hai catro anos que,
baixo o título “Historias de familia”, buscaba recuperar antigas fotografías, co
obxecto de escribir a historia familiar, dando pé no seu día á montaxe dunha
exposición.

Coa axuda dunha ficha-guía e o teléfono móbil, entrevistador@s e entrevistadas,
mantiveron unha proveitosa conversa na que todos os temas xurdiron: familia,
escola, emigración, moda,…

Esperamos que disfrutedes co resultado. A historia continúa.

“Clases sen fume”

Clases sen fume” é un programa educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de 1º e 2º da ESO, pois é o alumnado da idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, sendo as comunidades educativas un instrumento indispensable para a execución do proxecto.

Este baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, e que procura obexctivos variados como: reforzar o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilitar a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e unha persoa adulta (titor/a), e reforzar a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que se emprega o proceso de recompensa-premio como incentivo.

Durante o citado proxecto realizáronse varias actividades preventivas sobre o tabaquismo, sempre, cun foramto lúdico. Entre elas, destacan a creación de eslóganes e a realización de actividades creativas en formato vídeo. Velaí tedes o resultado.

© 2022 bibliolucus

Theme by Anders NorenUp ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz