Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: 175 aniversario

Placa da Orde Civil de Afonso X, o Sabio

O noso centro vén de recibir este pasado luns, 4 de febreiro na sé do Ministerio de Educación e Formación Profesional, de man da ministra, Isabel Celáa, a  Placa de Honra da Orde Civil Afonso X o Sabio. En total fomos 6 centros os homenaxeados, dos cales 2 eramos galegos e, no noso caso, débese á recente conmemoración do 175 aniversario da creación do centro e á aportación durante este tempo á vida cultural e educativa de Lugo e da provincia.

Pódese ampliar a información premendo nas seguintes ligazóns:

Retallos. Exposición fotográfica.

Hoxe presentamos o vídeo da exposición fotográfica que titulamos como “Retallos“, e que se enmarca dentro dos actos conmemorativos do 175 aniversario.

Desta volta, pódense ver fotografías de tempos pasados onde cátedros levaban de excursión aos alumnos ou onde celebrábanse derbis futbolísticos “alumnos contra profes“.

Concurso de Marcapáxinas

Xa rematou o concurso de marcapáxinas e xa temos editados e repartidos moitos exemplares do traballo vencedor.

Pero tamén había outros varios que podían ser merecedores do galardón. Aquí vos deixamos unha pequena escolma dos vosos traballos. Cal é o voso favorito?

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=gFtA4Ozi980]

 

Concurso

A maiores da exposición que segue no vestíbulo, desta volta, anunciámosvos un concurso para a realización dun marcapáxinas que teña como obxecto espallar a conmemoración do 175 aniversario do centro. Hai que apurar porque o tempo bótase enriba e remata o vindeiro 8 de novembro.

Para coñecer as bases do concurso, preme na imaxe e verás todo nun pdf.

Por suposto, haberá premios, e xa adianto que serán importantes.

Ánimo e a participar.

175 aniversario

Este ano, polo mes de novembro celébrase o 175 aniversario da creación do noso centro. Creación como institución, claro; o edificio é bastante máis moderno. Con ese motivo, durante todo este curso 2017-2018 hanse celebrar unha morea de actos que sirvan de conmemoración do que foi e é o instituto máis antigo de toda Galiza e un dos dez máis antigos de toda España.

De todos eles iremos informando paulatinamente.

Exposición “Aqueles profesores…”

 

Inaugúranse os actos referentes ao 175 aniversario da creación do IES Lucus Augustcunha exposición adicada a aqueles grandes profesores que pasaron polo centro e deixaron a súa impronta no mesmo.

Recóllese documentación referida a todos eles coa nosa máis entrañable lembranza do seu paso polas aulas. Pódese contemplar no vestíbulo do Instituto.

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz