Un outro blogue en galego de Wordpress

Mes: Maio 2022

Exposición- Tubos de descarga

Dende o luns, pódese ver no vestíbulo do noso centro, unha exposición de tubos de descarga que pertencen á colección histórica do que demos en chamar “Museo Pedagóxico do IES Lucus Augusti“.

Estes tubos consisten en tubos pechados que conteñen, polo menos, dous electrodos, un ánodo e un cátodo, que cando reciben unha alta voltaxe emiten electróns e gas.

A exposición levouse a cabo por mor dunha relación interdisciplinar entre o Departamento dos Ciclos e mailo Departamento de Química. Aquí tedes un vídeo para podelo ver con detemento na casa.

“Nós tamén temos Historia”.

O pasado 12 de maio, no Salon de actos se celebrou a presentación dun libro editado por Edicións Positivas e coa colaboración da Deputación de Lugo, dun libro no que unha morea de alumnos e alumnos deste instituto, xunto con seus pais e familiares, son protagonistas.

Referímonos a aquela actividade do curso pasado sobre unha obra Pérez Reverte, na que o alumnado de 4º ESO, coordinado polo seu profesor Gaspar Fuentes, fixeran unha activiade de memoria histórica. Se, daquela, o gracioso fora que o escritor fixera un chío no que se refería á actividade, agora se presena un libro, moi ben editado na que se plasma, fisicamente, o que comezar sendo unha actividade meramente didáctica.

No Salón de actos, o profesor comentou todo o proceso que deu orixe ao libro, e contou coa presenza de autoridades, pais e, por suposto, o alumnado protagonista.

Aquí temos, as probas fotográficas.

Un ex-alumno no fondo do planeta

É moi reconfortante comentar a charla que o pasado xoves 12, impartiu un antigo alumno do centro,  Héctor Salvador Fouce, titulada:”Exploración tripulada dos últimos confíns do planeta. Baixada á Foxa das Marianas”, dentro do programa de actividades Stembach.

Este lucense, comezou a súa carreira profesional na Axencia Espacial Europea como Enxeñeiro Aeronáutico, pero a primeira vez que se mergullou no mar decidiu dar un xiro radical e dedicarse á exploración dos océanos como piloto e enxeñeiro de submarinos tripulados. Nos dez anos que leva no sector, acumula mais de 2.000 inmersións en tódolos mares do planeta, entre as que destaca o descenso ó Abismo da Serea na Fosa das Marianas a 10.706 metros de profundidade, converténdose no primeiro español en chegar ó máis profundo do noso planeta.

Héctor é director de operacións de Triton Submarines EMEA, consultor marítimo da Real Liga Naval Española, Académico correspondente da Real Academia de la Mar, numerario da Real Sociedad Geográfica e membro do Explorers Club de Nova York.

Xustamente o ano pasado, a revista dixital GCiencia, presentaba un artigo sobre o descenso á fosa das Marianas que podedes ler, premendo na seguinte ligazón.

Por problemas técnicos, non puidemos grava-la conferencia pero vos deixamos un vídeo dunha conferencia semellante que deu en novembro do ano pasado en Oviedo, na súa Semana da Ciencia.

Encuencto Informativo Semana de la Ciencia en Oviedo (12 de novembro de 2021)

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz