Un outro blogue en galego de Wordpress

Día: 13 Febreiro, 2021

No more Matildas

O efecto Matilda é o prexuízo en contra de recoñecer as achegas de mulleres científicas na investigación, cuxo traballo adoita atribuírse aos seus compañeiros varóns. O efecto foi descrito por primeira vez pola sufraxista e abolicionista do século XIX, Matilda Joslyn Gage, no seu ensaio Woman as an Inventor“.

Así comeza a entrada da Galipedia, titulada “Efecto Matilda” no que nos explica en que consiste este efecto. Isto vén a conto porque aproveitando a conmemoración do 11 de febreiro, a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, lanzan unha campaña titulada #NoMoreMatildas para conseguir unha auténtica equiparación no ámbito da ciencia.

Se che interesa, podes premer na ligazón anterior (Efecto Matilda), ver o seguinte vídeo ou consultar máis información no blogue que prepararon para isto, e que está aquí.

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

No ano 2015, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 11 de febreiro como Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Con esta conmemoración preténdese fomenta-las vocacións científicas entre as mulleres e acadar unha maior participación feminia nos diversos campos científicos e, tamén, que sexa outro eido no que chegar a unha verdadeira igualdade de xénero.

Como mostra, presentamos este vídeo no que son entrevistadas 2 mulleres que son exemplo disto. Son Clara Cid Bengoa e África González. Clara Cid é unha rapaza nova, que estudou Enxeñería na Universidade da Coruña e xa ten varios premios. África González, é unha médica queten unha carreira profesional máis prolongada, é catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo e traballa en nanomediciña. Se queres coñecer máis delas preme nas ligazóns.

Día da Ciencia en feminino

Co gallo do Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia, celebrouse a semana pasada unha exposición no vestíbulo do Centro titulada “Mulleres Bravxs! na que se podían ver varios carteis que representaban os rostros dalgunhas das pioneiras neste eido.

Son un feixe de materiais orixinais da Universidade de Vigo e dos que nos facemos eco para conmemora-la data. Queriamos complementala con a presentación de varias obras en formato libro e en formato audiovisual pero, por mor da pandemia de das instrucións recibidas no Centro, tivo que se quedar nisto.

Así e todo, para que se poida ver na casa, con máis tranquilidade, tamén a poñemos en vídeo.

© 2021 bibliolucus

Theme by Anders NorenUp ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz