Un outro blogue en galego de Wordpress

Mes: Febreiro 2019

Novela dunha lucense

Hoxe temos o gusto de presentar a obra dunha autora lucense, Alba Carballal, que presenta a súa novela nunha editorial importante como é Seix-Barral.

Alba Carballal é arquitecta e ten estudos de Dereito. Colabora con diversas revistas de arquitectura e traballou  traducindo artigos e textos.

En 2016, conseguiu unha bolsa na residencia literaria na Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores de Córdoba na que, paseniñamente, foi dando forma á súa primeira novela Tres maneras de inducir un coma, que está publicada en Seix Barral.

Xa temos a novela na Biblioteca e podes ve-la sinopse premendo na imaxe.

 

 

 

 

Sobre os dereitos de autor…

Presentamos un vídeo moi clariño onde nos falan das licenzas “Creative Commons” e os dereitos de autor. Este tema é especialmente relevante por canto tanto os adultos como a xente nova, moitas veces, descoñecemos se podemos compartir, descargar ou usar imaxes, vídeos, música ou documentos. 

Books sculptures

Mike Stilkey é un artista nado nos Ánxeles que utiliza libros vellos como lenzos para as súas obras. As súas composicións escultóricas, que van dende obras en pequeno formato ata grandes murais, son unha homenaxe á literatura abandonada.

Ver +

 

“Homiños” de Mario Caneiro

HomiñosQuedei abraiado coa primeira lectura de Mario Caneiro, que foi “Ana e os homes“, e hoxe non atopo que dicir de “Homiños”, un cambio de tercio radical que só se asemella na inmensa calidade da escritura deste home.
Outra desestruturación intencionada das personaxes que van construíndo, con narracións en primeira persoa, a vida dunha vila de Ferrolterra aló polos 80. É incrible que alguén poida sacar en tan pouco espazo a chea de matices que agocha a realidade da aldea: o acoso, o maltrato, a amizade, o gregarismo adolescente, o rastro da diáspora, o alcoholismo, o suicidio… Todo marcado coa diapasón do tren que transita polos límites da bisbarra como unha metáfora da nosa alienación.
Boísima; de lectura obrigada.

Placa da Orde Civil de Afonso X, o Sabio

O noso centro vén de recibir este pasado luns, 4 de febreiro na sé do Ministerio de Educación e Formación Profesional, de man da ministra, Isabel Celáa, a  Placa de Honra da Orde Civil Afonso X o Sabio. En total fomos 6 centros os homenaxeados, dos cales 2 eramos galegos e, no noso caso, débese á recente conmemoración do 175 aniversario da creación do centro e á aportación durante este tempo á vida cultural e educativa de Lugo e da provincia.

Pódese ampliar a información premendo nas seguintes ligazóns:

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz