bibliolucus

Un outro blogue en galego de Wordpress

Month: Decembro 2018

Lecturas recomendadas Nadal 2018

Aquí temos unha pequena escolma de lecturas recomendadas para os máis novos e para adultos. Desta volta, hai títulos de lectura informal mais tamén algúns títulos informativos de temas como  a Primeira Guerra Mundial, da que se cumpre este ano o centenario do seu remate, Ética para o meu fillo de Fernando Savater ou o Mundo dos animais microscópicos. Tamén temos unha edición en  da Historia da Guerra Civil en banda deseñada, aproveitando que tamén no vindeiro 2019, cumprirase o 80 aniversario do remate.

Como vedes, hai de todo un pouco. Saúdos e a disfrutar nas vacacións.

#Cuéntalo

En abril do 2018, despois de facerse pública a sentenza do xuízo da “manada”, a xornalista Cristina Fallarás lanzou a iniciativa “#cuéntalo“, un hashtag contra a violencia de xénero que pretendía visibilizar a través dos testimonios de mulleres vítimas de maltrato unha dramática realidade agochada tralo silenzo. Durante 14 días máis de 800.000 mulleres denunciaron na rede as violacións, acosos e agresións ás que foran sometidas.

Unha vez realizado o traballo de campo solicitaron a colaboración do Centro de Supercomputación de Barcelona para manexar os 13 gigabytes de información, con máis de 2 millóns de chíos que encherían 100 libros, de xeito que poideran converterse nun esquema sinxelo que achegara información respecto á situación da violencia de xénero sen perder cada historia individual e non sepultar os relatos persoais con cifras e estatísticas. O proceso para a construción do algoritmo a través dunha rede neuronal realizada a man foi complexo e rematou nunha páxina web impactante.

Unha colaboración entre periodismo social e tecnoloxía impresionante.

Ver web #Cuéntalo

Para saber máis Blogue #Cuéntalo

 

Festival do Samaín

Por fin conseguimos montar o vídeo do Samaín. Chega algo tarde por mor duns problemas técnicos que houbo con son. Aínda que non quedaron totalmente solventados, si están o suficiente para poder observar algunhas das actuacións que houberan no Salón de Actos.

Oriente vs occidente

O artista turco Ugur Gallenkus emprega os collages enfrontando a crúa realidade de moitos países do oriente medio con fotos icónicas, imaxes pop, arte e publicidade occidental.

Ver galería

© 2019 bibliolucus

Theme by Anders NorenUp ↑

Gústache o blogue? Corre a voz