Un outro blogue en galego de Wordpress

Categoría: Uncategorized (Page 2 of 5)

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS FEITOS POLOS ALUMNOS DE PLÁSTICA

Para ver as fotos da exposición pulse aquí

Para ver os traballos dos alumnos durante o segundo trimestre pulse aquí

Para ver tódolos traballos dos alumnos pulse aquí

Estos días pódese contemplar no recibidor do institituto unha exposición dos traballos de plástica feitos polos alumnos ao longo do curso. É unha pequena mostra xa que por cuestión de espacio é imposible poñer físicamente tódolos traballos á disposición do público. Para facer unha visión completa poden picar nos enlaces arriba indicados.

HOMENAXE A JOHN ALBRIGHT

Pulse aquí ou sobre a imaxe para ve-las fotos da representación. Máis abaixo atoparás un vídeo cuha escena da representación onde intervía John.

Os alumnos de 2º de ESO levaron a cabo unha representación teatral en honra de John Albright. Empregaron o galego e o inglés mesturando ambos nunha divertida comedia. Foron dirixidos pola profesora Dona Elena Arias.

Mes cultural II. Día do Libro

Exposición para conmemorar o Día do Libro 2017: expóñense Quixotes e obras de Shakespeare en diveros formatos (Banda deseñada, texto, obras clásicas…), e tamén en varias linguas, de tódolos tipos e cores, antigos e actuais. Curisoso, non?.

VIAXE DOS ALUMNOS DE 2º E 3º DE ESO A MADRID


 

 

 

 

 

 

Pulse aquí ou sobre a imaxe da dereita para ver fotos da viaxe

O Departamento de Relixión Católica organizaou unha viaxe a Madrid os días 12 e 13 de maio. Os alumnos do IES Lucus Augusti estiveron acompañados polos rapaces do IES Ollos Grandes, IES San Xillao e IES Muralla Romana, todos estos de Lugo capital. Tamén viaxaron os alumnos do IES de Melide, do CPI de Pontecarreira, do IES de Monterroso e do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto.

Visitaron a Catedral da Almudena e o Pazo Real. A continuación fixeron un tour en autobús polo Madrid dos Austrias e con parada, a maiores, no Santiago Bernabeu.

O dia seguinte pasárono integramente no parque temático propiedade da Warner. Unha vez rematada a diversión neste parque colleron rumbo de volta cada un a súa localidade de orixe.

VISITA Á ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO RAMÓN FALCÓN

Pulse aquí para ver fotos da visita

O día 28 de maio, os alumnos de 4º de ESO visitaron a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo acompañados pola súa profesora de Educación Plástica e Visual, Dona Magdalena Seijas.

Nesta visita puideron contemplar tódolos talleres que compoñen a oferta deste centro: serigrafía, fotografía, cerámica, grabado…

Algúns deles puideron facer prácticas co torno de cerámica ou ben estampación de camisetas (que logo foron sorteadas) ou grabados.

Unha visita realmente interesante con vistas ao futuro dalgunha vocación.

« Older posts Newer posts »

© 2021 bibliolucus

Theme by Anders NorenUp ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz